domingo, 23 de septiembre de 2012

Selección Gallega Voley playa


LUNES, 25 DE JUNIO DE 2012
NOTICIAS DAS DIFERENTES SELECCIONS.

  Finalizadas as concentracións de Volei Praia de cara ós campionatos de España de Seleccións Autonómicas de Sub-17 na praia de Barraña esta fin de semana, partirán para Punta Umbría, Huelva, mañá martes os seleccionados dos equipos femininos, Lydia Alonso e Andrea Rivas (CV Zalaeta), e Ana Bugallo (Boiro Voleibol), e masculinos, Pablo Penedo, Óscar Sánchez e Carlos López(Vigo Voleibol).
      
   O Campionato celebraráse dos días 26 a 28 de Xuño, a el acuden os seleccionados galegos con gran ilusión, os rapaces, xa con experiencia neste tipo de citas, tentarán chegar o mais arriba posible, dependendo tamén dos cruces que lles poidan tocar, e no caso das rapazas, un equipo composto por unha infantil e dúas cadetes, tratarán de coller experiencia nestes eventos e de facer o seu xogo e rendir a bon nivel. 
    Moita sorte para todos eles!!
   Por outra banda, a RFEVB, está preparando o Torneo 8 Naciones de Voleibol, que na súa versión feminina se celebrará en  Pordenone, noreste de Italia, os días 18 o 22 de Xullo, quedando a selección española encadrada no grupo B: Italia, España, Suiza e Bélgica; sendo o grupo A: Alemania, Suecia, Holanda e Francia. Lembrar que no torneo do 2011, España venceu a Holanda na loita polo 3ª- 4ª posto.
   Está prevista unha concentración previa o torneo, a partires do día 10 de Xullo en Soria, de dezasete xogadoras, das que sairán as doce que formarán a selección española. A esta concentración están convocadas as xogadoras galegas Lydia Alonso do CVI Zalaeta e Sara Folgueira do EMEVE. Destacar tamén, que o Director Técnico da FGVB e do CVI Zalaeta, Jorge Barrero Amor,  forma parte do cadro técnico da Selección Española Xuvenil Feminina que se desprazará a Italia.
Publicado por CV Zalaeta en 23:28 0 comentarios Etiquetas: Noticias



No hay comentarios:

Publicar un comentario