domingo, 23 de septiembre de 2012

DOS JUGADORAS GALLEGAS CONVOCADAS CON LA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE MENORES


DÚAS XOGADORAS GALEGAS CONVOCADAS COA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE MENORES



Fecha: 17/07/2012
* Sara Folgueira e Lydia Alonso forman parte das dezaoito convocadas por Serrato para preparar o Oito Nacións
* Jorge Barrero, Director Técnico da FGVb forma parte do corpo técnico da Selección Feminina.


A selección española xuvenil feminina de voleibol comezou a pasada semana a súa concentración para preparar o vindeiro Torneo Oito Nacións, que disputará a partir de mañán 18 de xullo na localidade italiana de Pordenone.
O seleccionador nacional, José Miguel Serrato convocou a dezaoito xogadoras entre as que se atopan dúas galegas, Sara Folgueira do Emevé e Lydia Alonso do CI Zalaeta.
As novas promesas do voleibol español estiveron adestrando en sesións de mañá e tarde para encarar o prestixioso torneo no que España se enfrontará a Italia, Suíza e Bélxica. Deste grupo inicial de dezaoito xogadoras sairán as doce elixidas que se desprazarán a Italia. 
De todas as xogadoras presentes, tan só tres estiveron concentradas a tempada pasada en Soria: Elena Alberca, Ludmila Duarte e Clara Martínez. O resto das convocadas son xogadoras novas das cales seis acudirán a formar parte da Concentración Permanente a partir do mes de setembro.
Os primeiros rivais do combinado español no Torneo Oito Nacións serán Bélxica, Suiza e Italia. Se as de Serrato acadan un dos dous primeiros postos deste grupo obterán o pase ás semifinais deste prestixioso evento, que xa gañaron hai dous veráns.
No corpo técnico, xunto a José Miguel Serrato, Begoña Sanz, e Esther Nieto traballa tamén, Jorge Barrero, adestrador galego de recoñecido prestixio e Director Técnico da Federación Galega de Voleibol. Outro galego, Diego Taboada, adestrador do Emevé de Lugo e Seleccionador Galego Infantil, tamén formará parte do corpo técnico da Selección Española de menores, neste caso da masculina, na que por desgracia non haberá este ano ningún representante da nosa Comunidade Autónoma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario