domingo, 23 de septiembre de 2012

A SELECCIÓN GALEGA SUB17 DE VOLEI PRAIA PARTICIPA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA EN HUELVA


Fecha: 26/06/2012
A SELECCIÓN GALEGA SUB17 DE VOLEI PRAIA PARTICIPA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA EN HUELVA


A Selección Galega de Volei Praia atópase xa en Huelva para disputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 17 que comeza mañá mércores 27 xuño na praia de Punta Umbría.
A localidade andaluza recibirá a algúns dos mellores xogadores do país en idade escolar, coa participación de dezaoito equipos femininos e dezaseis masculinos que competirán durante os próximos días pola coroa nacional.
Galicia estará representada no apartado masculino por Pablo Penedo, Óscar Sánchez, e Carlos López. Estes tres xogadores, procedentes da canteira do CV Vigo, non son novos neste tipo de competicións. Este será o terceiro ano que representan a Galicia na cita nacional. A experiencia é un grao, especialmente nestas categorías, polo que a nosa Selección podería asinar unha moi boa actuación en Punta Umbría. O seu primeiro obxectivo será superar a Castela A Mancha no debut, mañá ás 10.00 horas, para manterse no cadro principal.


Pouco despois do partido Galicia - Castela masculino, debutará no mesmo escenario a nosa Selección Feminina ante Comunidade Valenciana (11.20 horas). Sara Bugallo do Barraña Volei Praia, e Lydia Alonso e Andrea Rivas, do CV Zalaeta, porán todo da súa parte para estrearse con vitoria ante un dos combinados a priori complicados e con moita tradición no Volei Praia Nacional.
A participación no Campionato de España de Seleccións Autonómicas forma parte do plan de tecnificación deseñado polaFederación Galega de Voleibol con visión de futuro. Aproveitando ao máximo os escasos recursos dispoñibles e sacando o máximo rendemento do potencial dos nosos xogadores a FGVB puxo en marcha un novo proxecto no que se inclúen varias concentracións de tecnificación por tempada para preparar aos nosos deportistas nunha disciplina que conta cada vez con máis seguidores na nosa Comunidade Autónoma. O obxectivo é acadar, coa implicación dos xogadores, clubes e Federación, óptimos resultados a medio e longo prazo nas competicións nacionais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario