domingo, 14 de octubre de 2012

CV Zalaeta debut en SuperLiga Femenina 2


DEBÚT DO FISIOMASZALAETA CON TRIUNFO NA SF2 

     Ás 18:00 do sábado  dá comezo o primeiro partido deSuperLigaFemenina2, que enfronta no primeiro derbi da tempada ao FisiomásZalaeta e ao Xuvenil Teis no Barrio das Flores. No partido, que tivo unha duración de 01h. 03m., os equipos presentaron as seguintes alineaciones:


   FisiomásZalaeta: 1 Marta F., 2 Cristina, 3 Sofía (L), 6 Nancy, 11 Patricia, 13 Lydia, 15 Rocío;  5 Marta E. ©, 7 Laura, 9 Olalla, 10 Sheila e 14 Sara.
   Xuvenil Teis: 1 Lucía, 2 Noemí, 3 Laura 7 Lilia, 8 Rosana ©, 9 Natalia, 10 Rebeca, 13 Cristina, 18 Anía e 12 Eva.

    Resultado: 3-0, con parciais 25-15; 25-10 e 25-10; foi dirixido polos colegiados Daniel Carbajal e Duarte Borrás. Adestradores, local, J. Barrero e JM Sánchez e visitantes, C. Veloso e M. Martinez
   O encontro desenvolveuse segundo o que se prevía, ambos equipos, vellos coñecidos,  enfrontáronse no campionato de Copa Galicia, resultando eliminado o conxunto de Teis ante un  FisiomásZalaeta que se mostrou superior. Gañaron comodamente as locais, que sempre foron por diante no marcador,  moi centradas realizaron un gran partido, con boa recepción, bo xogo na rede e un excelente ataque, no que cabe destacar a achega de Patricia, 11 ptos., e Rocío con 8. A pesar do marcador, o Xuvenil  non se veu abaixo, comete poucos erros e teñen unha defensa correosa pero non lograron superar ás coruñesas en ningún momento.
   O adestrador Jorge Barrero non realizou ningunha rotación, xogando todo o partido  co equipo inicial, a internacional oposta Patricia Suarez, Cristina García, colocadora, Rocío Durán, receptora,  Nancy Campos, central,  e as xuvenís  Sofía Hidalgo , líbero, Marta Fraga, receptora e a tamén internacional cadete Lydia Alonso, central.
   O FisiomásZalaeta fixo un partido completo en todas as facetas do xogo, o que unido á vitoria, supón un bo comezo de tempada para enfrontarse na próxima xornada ao Cantabria Deporte, equipo que vén de perder con RGC Covadonga nesta 1ª xornada pero que pode ser dos favoritos para o final da competición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario